O voluntariado ponteareán realizará mañá venres unha nova limpeza no Tea

Voluntarias e voluntarios ponteareáns desenvolverán na mañá deste venres unha nova limpeza do río Tea, unha actividade dos “venres polo planeta” que se enmarca no programa de voluntariado ambiental xuvenil iniciado nas pasadas semanas.

O punto de encontro será a Ponte das Partidas, na parroquia de Moreira, tendo lugar a actividade dende as 10 horas. Recoméndase levar luvas e calzado axeitado. A concellería de Voluntariado, que dirixe Miguel Bouzó, anima a todas as persoas interesadas a achegarse e participar desta actividade de coidado do noso medio natural. Poden recibir máis información no teléfono 687764516 ou no enderezo electrónico voluntariado@ponteareas.gal.