O vindeiro 1 de xuño ábrese o prazo para inscribirse no Grao Profesional do Conservatorio

conservatorioO Conservatorio Profesional de Música Reveriano Soutullo de Ponteareas vén de definir o prazo de preinscrición de matrícula do Grao Profesional para o curso 2015-2016.

As datas para facelo serán as comprendidas entre o 1 e o 11 de xuño, ámbolos dous inclusive. Todos aqueles interesados deben achegarse até o propio Conservatorio en horario de 15:00 a 22:00 horas.

O acceso ao Grao Profesional requiere da superación dunha serie de probas que terán lugar os días 15, 16 e 17 de xuño.