O venres ás 12:30 horas os Xigantes e Cabezudos percorrerán o centro urbano

Como cada ano os tradicionais Xigantes e Cabezudos sairán da casa do concello de Ponteareas ás 12:30 horas para dar a benvida ao noso mes das festas e percorrer o centro urbano para repartir ilusión e ledicia acompañados de animación musical.