O escritor Xoán Xosé Lago Pereira dará unha conferencia sobre como escribir unha novela.

CartelConferenciaBIBLIOTECAO  venres,  25 de abril ás 20:30 horas, na Sala Multiúsos da Biblioteca Municipal de Ponteareas, o escritor Xoan Xosé Lago Pereira impartirá una conferencia titulada: “Como escribir unha novela”. Desta maneira, este centro bibliotecario, commemora o Día Internacional do Libro.

Xoán Xosé Lago Pereira naceu en 1967. Vive en Ponteareas dende o ano 2000; ano no que conseguiu o Premio Barco de Vapor coa súa obra Alén das Estrelamares, que no seu día xa foi presentada na Biblioteca de Ponteareas.

Posteriormente coa súa obra “El trinagulo de Goualougo” acadou o Premio PSN de novela corta 2006. No ano 2009, Juan José Lago Pereira, obtén o Acccesit I Certame Iberoamericano 2009 coa súa obra “Cristinita o la gramática del deseo”. A súa última novela, “Diez millones de kilómetros” recibiu o Accésit de Novela do IV Certame Iberoamericano da Fundación de Orfos e Protección Social de Médicos Príncipe de Asturias 2012.

Para o concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, a celebración de este tipo de eventos amosa  a vitalidade da Biblioteca Municipal de Ponteareas, que oferta diferentes e variadas actividades dirixidas  tanto ao público infantil coma  ao adulto.