O valencián Juan D. Ingelmo gaña o concurso de cartel do Corpus 2020

Baixo o título de “Tradición” apostou por un deseño no que queda reflexada a herdanza e a importancia do relevo xeneracional

A concelleira de Eventos e tenenta de alcalde, Cristina Fernández, anuncia que o valencián Juan Diego Ingelmo Benavente gaña o concurso de cartel das festas do Corpus 2020, que conta co apoio da Deputación de Pontevedra, dotado con mil euros.

O noso concurso traspasa as fronteiras de Galicia

Documentándose a través da rede, Juan Ingelmo, creou un cartel no que quería que quedase reflexo da herdanza dunha tradición que pasa de nais e pais a fillos prolongándose ata os nosos días.

Logo dunha profunda análise na que se tiveron en conta aspectos artísticos, técnicos e temáticos, o xurado, composto por debuxantes, artistas e deseñadores gráficos, decidiu que resultase gañador este cartel titulado “Tradición”.

Desde pequeño viví la tradición de las fallas que nos une con las y los alfombristas en que vivimos todo el año pendientes de la siguiente edición, en que heredamos de nuestras familias esa pasión, por eso decidí que quería plasmar el relevo generacional y que fuera algo entrañable”, explica este deseñador da cidade castellonense de Burriana.

Debuxado a lápiz nunha tableta gráfica, o cartel de Corpus para o 2020 é froito da mestura do trazado manual coas ferramentas das novas tecnoloxías coincidindo coas nosas alfombras florais de Corpus nesta conexión entre o pasado e o presente.

Para Juan D. Ingelmo non foi difícil atopar documentación sobre as nosas alfombras florais “ya que en la red al teclear Ponteareas aparecen infinidad de referencias dada la gran importancia de esta festividad”.

Emocionado e ilusionado, este deseñador gráfico de profesión agradece a Ponteareas que o teña elexido “me siento orgulloso de que una creación mía anuncie fiestas tan importantes como la del Corpus de Ponteareas”.

O valencián competíu con propostas enviadas dende a facultade de Belas, dende a de Publicidade e Comunicación ou dende os distintos ciclos de deseño dos centros de formación profesional de toda Galicia, ademais de estudios de deseño.

Cristina Fernández explica a importancia que ten na nosa vila o cartel do Corpus ao anunciar non só unha festividade e unha cita de alto atractivo turístico se non tamén unha longa tradición propiedade das familias alfombristas.

Este deseño representará a nosa cidade en todos os eventos e actividades nas que participemos ao longo de todo o ano, a primeira cita será FITUR en Madrid, donde presentaremos o noso cartel”.