O Tribunal Superior de Xustiza desestima o recurso do PP contra os orzamentos de Ponteareas de 2016

dav

O alto tribunal de Galicia rexeita todos puntos da demanda de Belén Villar e condena ao PP a pagar as costas xudiciais

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso aos orzamentos de 2016 interposto pola portavoz do Partido Popular, Belén Villar, e condenou ao PP ao pago das custas.

O Partido Popular solicitaba da xustiza a nulidade dos orzamentos alegando que non se respectaran os dereitos da oposición na súa tramitación e que se cometeran supostas irregularidades nas previsións dos gastos.

A sentenza do TSXG rexeita todos os argumentos de Villar e do PP, considera que non se vulnerou o dereito de participación dos grupos da oposición ao dispor de toda a información e considera que no orzamento estaban “contempladas as medidas precisas para cumprir a regra de gasto”.

O Alcalde Xosé Represas amosouse satisfeito pola decisión xudicial “que avala a forma de actuar do goberno municipal na elaboración dos presupostos” e pon de manifesto “que o PP utiliza de forma abusiva e fraudulenta a xustiza con fins políticos”. O alcalde sinalou que “o PP se equivoca cando pretende conseguir nos xulgados o que non consigue nas urnas. E agora, afortunadamente, pagarán cos seus cartos o gasto que lle ocasionaron ao Concello coa súa demanda infundada”. Represas considerou “lamentábel que Villar pretendera xudicialmente deixar a Ponteareas sen presuposto cando ela durante catro anos como concelleira de Facenda foi incapaz da aprobar nin un só orzamento”. O Alcalde animou a Villar e ao PP a “facer política construtiva, con propostas que sexan positivas para Ponteareas, en lugar de tentar entorpecer a acción do goberno nos xulgados”.