O torneo de tenis entregou os seus trofeos

O Club Tenis Ponteareas entregou os trofeos do torneo de tenis organizado en colaboración co concello de Ponteareas e que este ano, por vez primeira, puido ampliar o seu horario ata a entrada da noite grazas á nova instalación lumínica con proxectores led.

O concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, en nome da concelleira de Deportes Nahir Covelo, e o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, participaron na entrega de premios que recibiron Alfonso Santos en absoluto masculino, María Táboas en absoluto feminino, Pablo Rodríguez en cadete masculino, Luca Vázque en infantil masculino, Alfonso Santos en veteráns +35, Manuel Vázquez en veteráns +45, Óscar Fernández e Jaime Loureiro en dobres e Jacobo Vilas en absoluto no federado.

O concello de Ponteareas agradece o traballo do Club Tenis Ponteareas que felicita a todos os e as participantes pola súa deportividade e a todas as empresas e persoas colaboradoras.