O sexólogo Alfredo Saborido impartirá unha charla sobre como abordar a sexualidade cos nosos fillos e fillas

 

A concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade, que dirixe en funcións Verónica Carrera, informa que o vindeiro 11 de xuño haberá unha charla sobre como abordar a sexualidade e a afectividade cos nosos fillos e fillas impartida polo sexólogo e traballador social, Alfredo Saborido.

Como o aforo é limitado deberase cofirmar asistencia a través do teléfono 618 082 661 / 981 57 64 69 ou no enderezo electrónico igualdade@atlanticponte.com

Para que todas as familias poidan asistir contarase co servizo de canguraxe que debe solicitarse na inscrición.

A charla será de 18:00 a 20:00 horas na sala de usos múltiples do auditorio municipal de Ponteareas.