O sábado celébrase en Ponteareas a gala do ciclismo galego

PRESENTAC GALA CICLISMOO vindeiro sábado día 18 de xaneiro, celebrarase en Ponteareas a Gala do Ciclismo Galego que dará comezo ás 20:30 horas, no auditorio municipal Reveriano Soutullo e será presentada por Terio Carrera. O acto contará coa asistencia do Secretario Xeral para o Deporte, Jose Ramón Lete Lasa.

En primeiro lugar farase entrega dos trofeos aos primeiros clasificados do ranking nas diferentes modalidades. Tras iso, haberá un homenaxe ao ciclismo ponteareán e unha entrega de recoñecementos a clubs e directivos. Continuarase con mención aos ciclistas galegos no pelotón profesional e a entrega de diplomas aos medallistas nacionais. Por último, entregaranse diplomas de agradecemento a representantes dos concellos galegos que colaboraron en eventos ciclistas no 2013.

No día de onte foi presentada a gala no salon de actos do concello coa asistencia do presidente da Federación Galega de ciclismo, o alcalde, o concelleiro de deportes e directivos do Club ciclista Ponteareas.