O S.D Juvenil celebrou o Torneo de Fútbol 8 Rodosa na categoría alevíns

O Porriño Industrial fíxose co primeiro posto no Torneo de Fútbol 8 Rodosa celebrado a pasada fin de semana no campo do Pardellas. Neste torneo de Fútbol 8 participaron doce equipos de todo o Sur da provincia de Pontevedra.
O S.D Juvenil entregou o trofeo ao segundo posto ao Choco de Redondela e o trofeo ao terceiro posto ao Matamá.
Neste encontro deportivo participaron máis de cento cincuenta cativos da categoría alevín.
Pedro Andrés Alfaro, presidente do Club máis antigo da vila, salientou a importancia de fomentar o deporte dende as categorías máis temperás. “Deporte e vida saúdable van ligados e para o SD Juvenil é fundamental espertar ese interese dende que os nenos son pequenos”.
Para o Concelleiro de Deportes, Benito Márquez, a estreita colaboración entre concello é clubs é fundamental promocionar o deporte e o deportivismo como xeito de vida.