O Rock in Rio Tea tamén dí non ás agresións sexuais

A concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Verónica Carrera, informa que esta fin de semana volverán difundir a campaña Agresión Off no parque da Feira Vella no decorrer do festival musical Rock In Río que conta co apoio da Deputación de Pontevedra. 

En colaboración coa organización, a concellaría instalará un punto de información no que se realizarán enquisas e se ofrecerá información sobre que é unha agresión sexual, tipoloxía, pautas de actuación ante unha agresión sexual ou teléfonos de interese, entre outros contidos.

Ademais, repartiránse flyers informativos que se repartirán de xeito activo non só no punto de información instalado na entrada principal do festival, próxima ao edificio de Facenda, se non tamén con informadores/as repartindo entre os asistentes. Os flyers que se distribuiran serán xenéricos pero tamén específicos para mulleres coa campaña “Eu son libre. Eu decido” e para homes ”Eu respecto. Se non é SÍ …é NON» nos que se estableceron pautas diferenciadas de acción;e merchading específico para a campaña co obxectivo de visibilizala.

Educadores e informadores reactivaránse ao igual que o fixeron na festividade do Corpus para acadar un alto de nivel de información a traverso das enquisas pero tamén para concienciar a un máximo número de persoas.

Nesta campaña tamén participan os negocios da hostalería ponteareá que expoñen cartelería da campaña con mensaxes específicos tanto para homes como para mulleres.

Insitir na educación para formar unha sociedade igualitaria é imprescindible para erradicar cunha vez por todas a violencia de xénero”, explica Verónica Carrera quen agradece a implicación da organización así como de todos os colectivos que amosan o seu apoiO.

O Rock in Río conta co apoio da Deputación de Pontevedra.