O recuncho dos contos, o venres 15 de maio en Xinzo

Pinga XinzoO venres 15 de maio terá lugar unha actividade dirixida a todos os públicos denominada “O recuncho dos contos”. Será na Axencia de Lectura de Xinzo a partir das 18:00 horas e correrá a cargo da compañía Pinga Teatro. Unha mestura de contos e actividades musicais nas que o todo o público se poderá sentir partícipe do espectáculo.

Trátase dunha actividade promovida pola Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, xestionada por Andrés Sampedro, e que se atopa dentro do programa de dinamización da lectura “Ler conta moito”, promovido pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.