O público encheu o salón de plenos na presentación da primeira novela da escritora Susana Lamela

A presentación da primeira novela da escritora ponteareá Susana Lamela volveu encher o salón de plenos do concello de Ponteareas. Amigos, apaixoados da lectura e familiares ateigaron o salón de plenos para arroupar á esta nai e profesora do do colexio Nosa Señora dos Remedios que coa súa primeira novela “Invisible, con maleta verde e zapatos vermellos” enfróntase non só á crítica do público adulto se non tamén ao mundo da edición e da distribución, decidindo ela mesma o deseño, a maquetación e as canles de distribución desta súa primeira novela. 

“Invisible, con maleta verde e zapatos vermellos” pódese adquirir en todas as librerías de Ponteareas e dos concellos da comarca e tamén a través da plataforma de Amazon.