O programa Mocidade Viva busca aprendices de maxia

O programa Mocidade Viva busca aprendices de maxiaO Concello organiza un obradoiro este xoves 29 de xullo ás 18.30 horas no parque da Feira Vella

 

O programa Mocidade Viva busca esta semana aprendices de maxia. A Concellaría de Mocidade, que dirixe Miguel Bouzó, organiza este xoves 29 de xullo un obradoiro de iniciación no que todos os mozos e mozas maiores de 12 anos poderán introducirse no mundo do ilusionismo da man do Mago Martín.

 

O curso, de balde, celebrarase a partir das 18.30 horas no parque da Feira Vella con todas as medidas e protocolos de precaución. As persoas interesadas poden inscribirse xa enviando un correo electrónico a mocidadeviva@ponteareas.gal.

 

O concelleiro anima a toda a mocidade a participar nesta aproximación ao mundo da maxia, no que poderán aprender xogos doados e espectaculares cos que sorprender a familiares e amizades.