O programa de goberno pactado polas tres forzas está dispoñible na web do concello

O documento no que se reflicten os principais obxectivos da lexislatura xa está a disposición dos cidadáns

goberno-municipalO goberno municipal de Ponteareas puxo a disposición dos cidadáns o programa pactado polas tres forzas políticas que forman o novo executivo local. O documento pode ser descargado dende esta ligazón.

Tanto BNG, PSdG-PSOE como A Riada do Tea consideran que esta medida é indispensable para garantir a posibilidade de que os veciños e as veciñas da vila poidan coñecer polo miúdo cales son os pactos de goberno aos que chegaron os tres partidos.

O documento reflicte como liñas de actuación prioritarias as políticas de desenvolvemento de benestar social, de promoción económica e creación de emprego, de defensa do medio ambiente, de igualdade entre homes e mulleres, as políticas sociais de vivenda, de dinamización e promoción cultural así como a dotación e mellora de equipamentos educativos, sanitarios, culturais, deportivos e xuvenís.

Trátase por tanto dunha medida máis encamiñada a facer do Concello de Ponteareas unha administración transparente, na que o goberno local tentará en todo momento gobernar de cara á xente e non de costas a ela.