O programa Apego desembarca en Ponteareas cun espectáculo no que a cativada viaxará de casa en casa

 

‘Casa, casiña, casona’ chega este venres 13 de maio ás 18.00 h á sala multiúsos do auditorio municipal. É necesaria inscrición previa

 

O programa Apego desembarca en Ponteareas cun espectáculo no que a cativada viaxará de casa en casaO programa Apego volve traer a Ponteareas unha nova actividade na que as nenas e nenos gozarán dunha tarde lecer e descubrimentos en lingua galega. Ao abeiro da programación de actividades co gallo do Día das Letras Galegas, a cativada gozará do espectáculo ‘Casa, casiña, casona’, de Marta Ortiz, unha narración para a primeira infancia na que nenos e nenas van visitar casas grandes, diminutas, casas que caben na man, casas-zapato, casas de fío, casas maleta que viaxan polo mundo e moito, moito máis.

 

O espectáculo está baseado no asombro e na transmisión do amor a través da palabra, dos primeiros cantos, xogos, cancións, de dedos, trabalinguas, arrolos, poemas… os cimentos da casa que construiremos ao longo da vida, chea de ventás e de portas para descubrir o mundo.

 

A actividade terá lugar este venres 13 ás 18.00 horas na sala multiúsos do auditorio municipal e está recomendada para nenos e nenas ata os 6 anos. A actuación será de balde, aínda que para poder asistir é necesaria reserva previa de praza a través do correo electrónico lingua@ponteareas.gal ou do teléfono 986 640 000, extensión 1010.

 

O espectáculo de Marta Ortiz forma parte das actividades que fomentan a vinculación das familias co galego dentro do programa Apego, un proxecto colectivo que “pensado para fomentar e a facilitar a transmisión do galego como lingua inicial e a socialización dos rapaces e rapazas de entre 0 e 6 anos no noso idioma”, como explica o concelleiro de Lingua, Fernando Groba.