O profesor e investigador ponteareán Francisco Peña Castiñeira recibiu este xoves o “Premio a unha traxectoria”, concedido por Expourense.

Onte, día 13 de novembro, dentro da XX Semana Europea da Calidade, levada a cabo en Ourense, o profesor ponteareán Francisco Peña Castiñeira recibiu a distinción especial á súa traxectoria profesional, outorgándolle o “Premio a unha traxectoria”, dentro dos Premios “Líderes en Calidade”, outorgados polo Comité Executivo de Expourense, que se conceden a empresas e institucións galegas recoñecidas por ser un modelo a seguir nos seus respectivos sectores e da que destaca o seu compromiso coa calidade e co medio ambiente.

Este ano, por primeira vez fíxose unha distinción especial á traxectoria profesional, a través do “Premio a unha traxectoria”, sendo unha novidade ao recaer sobre unha persoa e non sobre unha empresa, sendo concedido ao profesor Francisco José Peña Castiñeira pola súa proxección e aposta pola educación e a saúde ambiental en Galicia, non quedando o seu labor na comunidade galega senón de recoñecido prestixio internacional como investigador, defensor e comunicador, en materia de medio ambiente e saúde.

O profesor Peña Castiñeira recibiu do concelleiro de Cultura do Concello de Ponteareas, Andrés Sampedro Fernández, a felicitación do Concello de Ponteareas polo galardón recibido como recoñecemento ao traballo ao longo de toda unha vida de dedicación á investigación no eido do medio ambiente.