O primeiro mundialiño de fútbol entregou os seus trofeos

 

O I Mundialiño de fútbol de Ponteareas despedíuse este sábado coa entrega de trofeos aos gañadores das distintas categorías. O Porriño Industrial fíxose campión na categoria infantil, Futboleiros Cortes Barbeiros en alevíns, Fútbol en 40×20 en benxamíns e Riber Play en prebenxamíns.

Vinte equipos cun total de máis de douscentos cativos e cativas xogaron ao fútbol nas pistas do Centro Artístico Sportivo.

O comunicador Terio Carrera foi o encargado tanto do acto de apertura como do acto de clausura, actos aos que tamén asistíu o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, así como distintos concelleiros e concelleiras do grupo de goberno.