O pleno ordinario de setembro aprobou a bonificación do 100% da matrícula do segundo irmá/irmán matriculado na escola infantil

O Concello de Ponteareas celebrou onte o seu pleno ordinario do mes de setembro no que o alcalde Xosé Represas deu conta da liquidación de execución do orzamento do segundo trimestre do ano que reflicte a boa saúde e estabilidade orzamentaria que sigue a manter o Concello de Ponteareas dende o saneamento económico realizado nos últimos anos.

Ademais, no pleno de onte aprobouse por unanimidade a modificación da ordenanza reguladora dos prezos públicos da escola infantil ao incluirse a bonificación do 100% do custe da matrícula do segundo irmá/irmán matriculado. A concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, explicou que esta bonifcación se aplicará a totalidade do curso escolar 2020-2021 sendo de aplicación inmediata polo que as familias que teñan máis dun fillo/a matriculado/a estarán exentes do pago desa segunda matriculación.

Verónica Carrera compareceu, a petición do grupo da oposición ACIP e dun pai que falou en nome dalgunha familia, para explicar que se están a estudar casos puntuais de horarios sempre na procura dunha mellor conciliación laboral e familiar, agradecendo ás familias a súa colaboración porque debido ao plan de continxencia e seguridade sanitada COVID-19 neste curso escolar que vén de comezar será máis complexa a flexibilidade nos horarios de entrada e saída.

No pleno ordinario de onte tamén se aprobou inciciar os expedientes para a bonificación da parte correspondente nos recibos do lixo, auga e saneamento dos negocios obrigados a pechar durante o estado de alarma e tamén se aprobou a proposta de continuidade da empresa abastecedora do servizo de auga potable e depuración de augas residuais nas mesmas condicións e polo tempo preciso para decidir a xestión futura do servizo. O alcalde explicou que nos últimos anos se solicitou en varias ocasións ao xulgado de Lugo, que leva o causa Pokemon, a documentación que foi incautada pola Policía Xudicial no ano 2014, non sendo recibida ata o pasado 8 de outubro, unha documentación imprescindíbel para a tramitación.