O pleno instará a Fomento a licitar a redacción do proxecto de mellora da seguridade viaria da N-120

O goberno informa que todos o grupos da oposición, agás EU que se abstivo, acordaron instar a Fomento a licitación da redacción do proxecto de mellora da seguridade viaria da N-120. Os grupos do goberno basearon o seu voto básicamente ao ser coincidente e igual ao aprobado no pleno de xaneiro por consenso de todas as partes, plataforma veciñal incluída.”Unhas obras polas que os veciños de Xinzo, Arnoso e Areas levan agardando dende a apertura da autovía”.