O pleno infantil amosa o seu lado máis solidario e comprometido coa situación actual

A concelleira de Ensino presidíu unha nova sesión do pleno infantil no que participaron sete centros educativos de infantil, primaria e secundaria

O acceso ás novas tecnoloxías para todo o alumnado, o reparto de mascariñas para todas as familias e o estricto cumprimento das normativas de seguridade, entre as súas maiores preocupacións

 

O concello de Ponteareas acolleu unha nova sesión do pleno infantil presidida pola tenenta de alcalde e concelleira de Ensino, Cristina Fdez Davila. Cunha orde do día protagonizada polas consecuencias da COVID 19 para a infancia e a mocidade as voceiras e voceiros de sete centros de ensino de Ponteareas puxeron enriba da mesa as súas principais preocupacións e demandas das que o goberno local tomou boa nota.

 

O concelleiro de Mocidade e Voluntariado, o nacionalista Miguel Bouzó, e a concelleira socialista de Vías, Obras e Alumeado, Chus Garrote, tamén participaron na sesión plenaria para recoller as suxestións da nosa infancia e adolescencia que a través das plataforma tecnolóxicas intervíu facendo un impecable exercizo de participación que dende a concello de Ponteareas fomentan dende tódalas áreas de goberno.

 

O acceso ás novas tecnoloxías como ferramenta segura, útil e universal para continuar cos estudos e coa formación dende os fogares foi un dos asuntos que se trataron insistindo na importancia de que ningún escolar quede fóra do sistema e que todas e todos teñan acceso en igualdade de condicións.

 

Os CEIPs Feliciano Barrera, Santiago de Oliveira, Mestre Ramiro Sabell, os CPRs La Inmaculada e Santiago Apóstol e os IES Barral e o do Val do Tea conversaron sobre a dureza do confinamento, a falta de relación social, a limitación das saídas didácticas, as alternativas de lecer nesta nova normalidade e a necesidade do xogo. Pero tamén tiveron tempo para reclamar maior control do cumprimento das normativas por parte dos adultos e da mocidade, máis desinfección nos espazos públicos e maior formación sobre a COVID 19 e sobre os posibles riscos do uso da rede sen control. Ademais, amosaron a súa preocupación pola situación do comercio local, polo acceso de todas as familias ás mascariñas e lembraron os dereitos da infancia á igualdade, á protección, a sáude e, sobre todo, a ser escoitados/as.

 

Cristina Fdez Davila destaca a importancia de ter en conta a visión da infancia nas políticas locais porque axudan a construir un fogar e un futuro adaptado ás necesidades da poboación. “Non se pode construir un futuro en igualdade se non temos en conta a toda a cidadanía. Nenos e nenas, mozos e mozas e maiores deben ser sempre escoitados para poder deseñar actividades e medidas que satisfagan as súas necesidade e expectativas”.

 

O Concello de Ponteareas traballa na liña dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) coa construción dunha vila sostible, respectuosa co medio ambiente, na que se fomente a participación e os desprazamentos a pé, na que a cidadanía se faga cos espazos públicos e implantando como goberno local medidas e programas que acurten a fenda dixital e que garantan que toda a poboación teña acceso aos mesmos recursos.