O plan director de saneamento de Ponteareas contempla un investimento de 40 millóns de euros

Este mércores 31 de outubro o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o equipo técnico contratado para a elaboración do primeiro plan director de saneamento integral do Concello presentaron o avance dos traballos do primeiro plan director de saneamento integral aos portavoces de todos os grupos da Corporación. 

“Por vez primeira contamos cun completo documento técnico que marca a folla de ruta para as obras de saneamento a realizar priorizando actuacións e cunha previsión dos investimentos a realizar nos vindeiros anos para que todos os veciños conten con este servizo básico”.

A redacción do plan director foi financiado con cargo ao Plan Concellos. Para a súa execución será preciso un investimento total de 39,88 millóns de euros para dar solución aos case 8.000 veciños e veciñas que neste momento carecen deste servizo público básico. Este documento indicará a programación operativa para a execución das obras nunha década.

O obxecto do plan director de sanemento é planificar e programar de xeito razoado este servizo tendo en conta a realidade territorial actual, así como as previsións avanzadas no modelo que contempla o  planeamento urbanístico.

O concello realiza este traballo á vez que se coordina coa enxeñería da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que nestes intres traballa na mellora da EDAR actual da Moscadeiras e dos colectores principais no entorno de Ponteareas. 

A proposta base consiste na execución da nova EDAR prevista no PXOM en Moreira. . Esta EDAR levaría consigo a execución dun interceptor paralelo ao río Tea desde a EDAR ata a incorporación do río Uma.

Trataría as augas correspondentes a Moreira, a Angoares que pola súa orografía verte augas hacia o Uma e non poden ir a EDAR da Moscadeira, a San Mateo de Oliveira, Nogueira, Cristiñade, Guláns e seguindo pola bacía do río Uma recollería zonas de Fontenla, Cumiar, Arcos, San Lourenzo e Santiago de Oliveira e incluso unha pequena parte de Celeiros.

O plan director de saneamento integral de Ponteareas tamén prevé as obras necesarias para levar as augas das zonas de Ribadetea, Arcos, Fontenla e as de outras pequenas zonas á actual EDAR. 

Ademais, para núcleos de pequeno tamaño proponse o emprego de sistemas de depuración ecolóxicos con tecnoloxías brandas como humedais artificiais acompañados de pretratamentos e un tanque Imhoff de cara a reducir no posible o consumo eléctrico das instalacións.  A medida que a poboación servida pola EDAR crece estes sistemas deben ser substutídos por biodiscos e complementados por outros elementos que permitan un rendemento adecuado e non incrementen en exceso as necesidades de superficie.

En consecuencia propóñense unha serie de actuacións que resultarían en 6 EDARs de máis de 250 habitantes (estas actuacións incluirían a mellora ou ampliación das tres existentes neste momento) Padróns, Prado, Bugarín, Guillade, Pías e Fozara. Outras 4 de entre 50 e 250 habitantes (Couso, Celeiros, Cillarga e Cortellas-Paredes) e outras 5 solucións de tratamento para menos de 50 habitantes para aqueles núcleos de moi pequeno tamaño que se atopan máis apartados das redes de núcleos máis grandes.

“Para este goberno é fundamental traballar con planificación e organización e non con parches puntuais. Analizar e detectar problemas é o único xeito de atopar as mellores solucións