O nome de Ponteareas chegará a Valencia da man do laureado ciclista Delio Rodríguez

Familiares, amigos e compañeiros do laureado ciclista Delio Rodríguez pedalearán igual de veloces que él para conmemorar o 25 aniversario do seu pasamento nunha proba ciclista que nos trasportará ao pasado recreando unha das vitorias do ciclista ponteareán.

O concello de Ponteareas acolleu hoxe a presentación da marcha ciclista Madrid-Valencia nunha soa etapa de 350 quilómetros de percorrido, organizada por Ricardo Sánchez de Piñón Fijo. Os e as participantes sairán da localidade madrileña de Arganda del Rey para chegar ao concello valencián de Cheste logo de pedalear durante máis de quince horas.

Esta proba recreará o gran premio CIFESA que se organizou durante catro anos consecutivos, sendo Delio Rodríguez o gañador de tres edicións.

De libre inscrición, os e as ciclistas vestirán maillots dos anos 30 e 40 tentando simular as fazañas daqueles ciclistas que competían en probas maratonianas nas que os propios ciclistas facían a asistencia técnica. O daqueles ciclistas eran unha auténtica xesta ao vencer as dificultades de estradas que presentaban un aspecto moi diferente das de hoxe en día con tramos irregulares e repletos de buratos moitas veces imperceptibles.

O gran premio CIFESA unía Madrid e Valencia pola antiga N-III sendo nova do noticiario da época, o popular NO-DO, na que se narraban as proezas dos corredores e ensalzaba aos vencedores, sendo Delio Rodríguez o eterno protagonista das tres primeiras edicións e gañando a última edición Vicente Miró.

Delio levou o nome de Ponteareas por toda España e volverá levalo unha vez máis o vindeiro 8 de xuño”, explica o concelleiro de Deportes en funcións, Benito Márquez. Os e as participantes madrugarán e comezarán a render homenaxe ao noso ciclista ponteareán ás cinco da mañá para chegar a Cheste moitas horas despois esgotados pero co bo sabor de traer ao presente unha das máis relevante figuras do ciclismo en España.

Gañador da volta España no ano 1945 ten aínda dous récords vixentes: 39 etapas gañadas na Volta e España e o maior tempo de distancia entre o primeiro e o segundo. Hoxe Delio volve unir aos ciclistas, na presentación estiveron presentes a súa filla Marga Rodríguez, o seu neto Delio Rodríguez, o seu xenro Daniel Meléndez, representantes do Club Ciclista Ponteareas, membros do Corporación municipal e o tamén gañador da volta España e ponteareán, Álvaro Pino que destacaba a importancia de recordar figuras tan significativas e presentes na memoria de todos os ciclistas de Ponteareas.

O alcalde en funcións, Xosé Represas, felicitou aos organizadores por esta iniciativa que trae ao presente figuras e persoeiros que forman parte das señas de identidade de Ponteareas. “O ciclismo vai ligado a Ponteareas ao igual que a música ou as alfombras florais de Corpus. O noso goberno considera fundamental lembrar ás persoas que levaron o nome de Ponteareas, que simbolizan o esforzo e o traballo e que contribuiron a difundir o nome da nosa vila e das nosas xentes”.

Todos e todas as que desexen sumarse á marcha deberán inscribirse no teléfono 666 173 501.