O nadador, Pablo Cabana, do Club Natación Ponteareas Campión de España en 1500 metros libres

O nadador Pablo Cabana do Club Natación Ponteareas proclamouse Campión de España de Natación cun tempo de 17:17.72, conseguindo ademais a mellor marca galega para a súa idade tanto nos 800 metros libres como nos 1500 metros libres nadando a un nivel impresionante e marcando un dos mellores rexistros promedio xa dende o comezo da proba e rematando con forza e parando a crono nunha marca brillante. 

En palabras do Club Natación Ponteareas “estamos orgullosos de ver a Pablo conseguindo a segunda medalla de ouro para o Club Natación Ponteareas nun Campeonato de España e a primeira na categoría de alevín”.

Pola súa parte o concelleiro de Deportes, Benito Márquez, quere trasladar os seus parabéns tanto ao Club como ao nadador “porque é a primeira vez que participan nun Campionato Nacional nesta categoría dentro da élite española demostrando madurez e profesionalidade. É unha satisfacción poder felicitalo”.