O músico ponteareán David Guerreiro Domínguez entra na orquestra holandesa Jong Metropole

David Guerreiro DomínguezO músico ponteareán David Guerreiro Domínguez  forma parte desde este ano da Jong Metropole, unha orquestra xoven que dirixe a prestixiosa Metropol Orkest de Holanda.

David comezou o seu camiño na música con tan só oito anos no Centro de Música Moderna de Ponteareas, e actualmente reside en Amsterdam, onde segue a formarse como contrabaixista. Este verán comezará unha xira por Paises Baixos e Alemaña.

Un orgullo de veciño cun futuro prometedor na música.