O mercado municipal abrirá as súas portas o vindeiro día 15 de agosto en horario de mañá

A concellería de Promoción Económica informa que o vindeiro día 15 de agosto abrirá as súas portas o mercado municipal en horario de mañá.

Ademais, o venres día 14 celebrarase a feira por ser día 14 e por cadrar o mercadiño dos sábados en festivo tal e como acordou a concelleraría de Promoción Económica co tecido comercial tras ter estudado as distintas alternativas co comercio local que considerou mellor opción trasladar as feiras e mercados dos sábados ao día anterior xa que nos festivos o noso comercio permanece pechado.

O Concello recorda que históricamente os días de feira son os 14 de cada mes e o último sábado de cada mes e os días de mercado todos os sábados, agás o último de cada de mes que é feira.

A concellería salienta que os comercios de alimentación e a praza de abastos si abrirán os sábados festivos para ofrecer aos clientes os produtos frescos e de primeira necesidade.

O Concello explica que esta decisión contribúe a un mellor e organizado servizo para o consumidor que atopará unha ampla e variada oferta de produtos e servizos nun mesmo horario e día laboral e que tamén respecta as necesidades de descanso do comercio local garantindo tamén a oferta de produto alimentario fresco en días festivos.