O mercado de Ponteareas estrea “Totem interactivo”

_55A2600Hoxe as 11 da mañá, tivo lugar na praza de abastos de Ponteareas, a presentación do totem interactivo que a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra instalan no mercado municipal de Ponteareas e o showcooking “rias baixas, territorio gastronómico”. Cociña de Mercado.

O acto, o que asistíu o alcalde Salvador González e a concelleira de comercio Marisol Valado, contou coa presenza de Dna. Sol Vázquez Abeal, directora xeral de Comercio e a directora xeral de turismo, dona Nava Castro,da Xunta de Galicia, ademáis de representantes da Deputación de Pontevedra. Tamén participaron, o representante da Asociación de Vendedores da Plaza de Abastos, además de outras asociacións de Ponteareas, así como o coñecido restaurador Pepe Solla, membro do Grupo Gastronómico Nove.

Dentro do marco das actuacións “Rías Baixas, Territorio Gastronómico” a Deputación de Pontevedra pon en marcha Cociña de Mercado, unha iniciativa de apoio e promoción dos mercados municipais pontevedreses como lugares de referencia para a compra de produtos frescos e de primeira calidade.

Co obxectivo de captar novos clientes e amosarse atractivos como centros de venta para  a xente nova, en colaboración coa DX de Comercio da Xunta de Galicia, a institución provincial levou a cabo entre os vendedores dos mercados un concurso de receitas, elaboradas a base de produtos que se comercializan  nos mercados municipais, seleccionando 24 delas  que están aloxadas, xunto coas aportadas polos cociñeiros do Grupo Nove, nos Tótems Interactivos colocados nos mercados.

“Este Tótem colocado no  mercado municipal de Ponteareas“ é unha boa iniciatia porque ofrece ós clientes: información turística do concello, datos e información sobre os servizos que ofrece o mercado e o máis novidoso, receitas de cociña que os clientes poderán imprimir e levarse no momento de facer a compra na praza”.

Para o alcalde Solla “o dispor deste servizo implica a modernización dun lugar de ventas tradicional, modernizado e no que se está acometendo importantes reformas e melloras, que fortalecen un dos motores económicos desta vila”

Pola súa banda, Valado, destaca “todo o traballo que dende a asociación da praza de abastos e de todos os vendedores desta, apoiando e colaborando coa concellería de comercio, traballando nunha única liña, que permite acadar os obxetivos marcados para o mercado  e a dinamización comercial da praza e do propio concello”.

O acto rematou cun  Showcooking “Cociña de mercado” levado a cabo polo coñecido restaurador Pepe Solla, coa elaboración en directo da receita “Xurelo á chama, verduras asadas e maionesa de piparras”.