O mercado ambulante dos 25 de decembro e do 1 de xaneiro cambia a data

Pasarán a celebrarse o venres 24 e 31 de decembro

 

A concellaría de Promoción Económica e Consumo, que dirixe Eva Gil, informa de que o mercado ambulante do sábado 25 de decembro e do sábado 1 de xaneiro cambiará de data ao coincidir cos festivos de Nadal e Aninovo. En ambos os dous casos, esta cita semanal trasladarase ao venres, polo que a veciñanza poderá gozar do mercado ambulante os días 24 e 31 de decembro.

 

Eva Gil agradece a comprensión das vendedoras e vendedores do mercado ambulante de Ponteareas e do tecido comercial en xeral e convida a toda a veciñanza a facer as súas compras para estas datas tanto na praza de abastos como no comercio local, que estará aberto no horario habitual.