O mercado ambulante de Ponteareas reforza a súa actividade

mercadoO Vindeiro sábado, coincidindo coa feira dos remedios, o mercado ambulante de Ponteareas, contará con novos postos  de venda.

A concellería de comercio que dirixe Marisol Valado, conscente da importancia de dito mercado, consensuou coas asociacións de comerciantes, asociación de hostaleiros e grupos políticos, un novo texto da ordenanza reguladora da venda ambulante e da ordenanza de taxas de dita actividade.

Coa publicación no BOP cumprese o derradeiro trámite administrativo, para a súa entrada en vigor, o que facilitará a  posta en activo de novos postos, dando entrada ao mercado ambulante, tanto a persoas físicas como figuras xurídicas, que non se recollían na anterior ordenanza. Isto suporá unha maior afluencia, tanto de vendedores como de visitantes, incrementándose o volumen negocio e por conseguinte unha maior dinamización do comercio da vila.

Nos derradeiros días, dende o concello estívose a preparar a ubicación dos novos postos de venda que se instalarán na praza maior e na praza da música.

O alcalde Solla, manifesta que con esta nova ordenación, e xunto a remodelación do mercado de abastos, Ponteareas convírtese no referente do comercio de proximidade da comarca

Pola súa banda Valado suliña que dende o vindeiro sábado,  o mercado ambulante de Ponteareas, verase revitalizado e fortalecido coa chegada de vendedores, que se agrupan en cooperativas e que dende o 2008 non estaban presentes, podendo dende agora, instalar os seus postos, cumprindo co novo regulamento municipal”.