O libro “Obra musical comentada”, de Rogelio Groba Groba, foi presentado este venres, día 7 de agosto, no Salón de Sesións da Casa do Concello de Ponteareas.

Q55A2967O Salón de Plenos da Casa do Concello acolleu este venres pasado a presentación do libro do compositor ponteareán Rogelio Groba Groba, titulado “Mi obra musical comentada”, contando coa presenza do alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, a concelleira da área de Cultura, Hortensia Bautista, o pianista e profesor Alejo Amoedo, quen profundizou na obra do compositor e Manrique Fernández, quen trasladou ao público a estrutura pormenorizada da obra de Rogelio Groba Groba.

O compositor Rogelio Groba na presentación salientou que a súa vida é a música e desde 1952 en que asinou a súa q12primeira composición composición, un pasodobre titulado “Añoranzas de xuventude”, ata a actualidade, o seu catálogo aproxímase aos 700 títulos entre os que atopamos obras de diferentes estilos e xéneros, dende óperas ou sinfonías de gran formato, ata pequenas cancións corais ou pezas pianísticas, entre outras. Aínda que tamén fixo mención a que a este recén catálogo nominal de obras xa habería que engadirlle algunhas outras que sairon do seu espírito creativo desde que deu o libro ao prelo.

“Mi obra musical comentada” vén de ser editada pola Fundación Rogelio Groba como parte do seu programa de difusión da obra do compositor, e e recolle toda a súa produción musical ata a actualidade, con comentarios sobre cada obra.