O informe do Secretario Municipal aclara que a compatibilidade de Mera non se modificou

O Alcalde de Ponteareas deu a coñecer un informe emitido polo Secretario Municipal no que se aclara que o acordo do Pleno do mes de novembro rexeitando o recurso de Villar contra a compatibilidade de Mera, non engadíu ningún límite novo á compatibilidade autorizada no mes de xullo cos votos en contra do PP. O Secretario lembra que os límites da Lei, consistentes no deber de abstención por parentesco ou razóns profesionais, xa existían no acordo de xullo e eran de obrigado cumprimento. Ademais engade, que eses límites da lei, recollidos expresamente no acordo de novembro, non foron alegados por Villar no seu recurso, senón por Mera nos seus escritos.

Represas sinalou que o informe desminte a Belén Villar sobre o voto do PP en contra do seu propio recurso. “Nin se puxo ningún límite novo, nin o alcalde rectificou nada, nin o PP solicitara un deber de abstención xa previsto na Lei” aclarou Represas, rexeitando as xustificacións dadas por Villar.