O grupo “Virutas de Ébano”, de Vigo, gaña o  XLVII Concurso de Gaitas de Ponteareas

1º. premio- FaroO XLVIIConcurso de Gaitas de Ponteareas, levado a cabo este sábado en Ponteareas, foi o reflexo da extraordinaria calidade dos grupos participantes, un total de quince, que deleitaron ao público e xurado coa súa marabillosa interpretación das pezas do concurso. O xurado da XLVII edición do Concurso de Gaitas de Ponteareas concedeulle o Primeiro  Premio  ao grupo “Virutas de Ébano” de Vigo. O dito cuarteto estaba  composto por Jandro Bargiela, Lois Prado, Julia Feijoo e Jenny Prado. Este premio dotado de 1.800,00 euros,  diploma  e medallas  conmemorativas contou  co   patrocinio da empresa  “ ELECNOR”.

2º. premio

 

O  Segundo  Premio,  patrocinado pola  empresa  “VIAQUA” dotado de 1.200,00 euros  correspondeulle ao grupo “Bordón Grelado”de Vigo.

 

 

3º. premio

 

O Terceiro Premio,  patrocinado  polos  empresarios  e irmáns “Rodríguez Sobral” dotado coa  cantidade  de  900,00 euros,  foi  para  o  grupo  “Lusco e Fusco” de Vigo..

 

 

4º.Premio

 

 

O  Cuarto  Premio,  partrocinado  polo  “Concello de Ponteareas”  por  un importe  de  600,00  euros  foi  para  o  grupo “Xente Nova de Ferrol.

 

5º. premio

Na edición deste ano, contouse cun Quinto  Premio, dotado dun  lote de material musical doado pola  empresa  “Zinye Distribucións Musicais”,  correspondéndolle ao grupo  “Vedoira”  de Lugo.