O grupo de teatro ‘Pena do Equilibrio’ celebra os seus 10 anos sobre o escenario do centro cultural de Cristiñade

A actuación, dentro do programa Cultura24, será este domingo 19 ás 19.00 horas con entrada de balde

O grupo de teatro ‘Pena do Equilibrio’ celebra os seus 10 anos sobre o escenario do centro cultural de CristiñadeO grupo de teatro afeccionado ‘Pena do Equilibrio’ conmemora os seus dez anos de vida da mellor forma posíbel, sobre o escenario. Dentro dos actos conmemorativos do aniversario e ao abeiro da programación do Cultura24, este domingo 19 de marzo o grupo teatral representará ‘Ladrillos’, unha obra orixinal de Paula Lorenzo Sertaje na que o público gozará cunha comedia sobre a desgraciada vida de Tomás tanto na súa faceta persoal como laboral.

Trátase dunha obra para todos os públicos que se representará no Centro Cultural Antorcha, na parroquia de Cristiñade, ás 19.00 horas con entrada de balde ata completar aforo.

O Concello de Ponteareas amplía con este espectáculo a programación do Cultura24, un programa posto en marcha dende hai anos “para achegar a actividade cultural a cada recuncho da nosa vila, enchendo de máis vida as nosas parroquias e poñendo en valor e promocionando a arte de grupos, artistas ou asociacións musicais, teatrais e culturais de Ponteareas ”, como explica o concelleiro de Cultura, Fernando Groba.