O Goberno remata as obras de reforma da Escola Infantil para adaptala á normativa vixente da Xunta de Galicia

A obra custou 30.000 euros, financiada co Plan de Concellos da Deputación

Nas últimas semanas na Escola Infantil municipal, sita na rúa Escritor Domingo Benavides, realizáronse obras como un cambios no sistema de calefacción do centro, substitución e arranxos da carpintaría exterior, así coma diversas actuacións de mellora das instalacións. 

“Esta era unha obra urxente para a p1030399escola infantil que incomprensiblemente o goberno anterior non lle dera a prioridade necesaria, algo incomprensible cando se trata mellorar o centro da etapa educativa básica, para as nenas e nenos de cero a tres anos, os informes técnicos así o indican”, manifestou a concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera.

Estas obras tamén eran necesarias pola existencia de elementos no centro que non se axustaban á normativa vixente, o Decreto 239 de 2005 da Xunta de Galicia polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, como neste caso a Escola Infantil Municipal, “unha norma en vigor dende hai máis de 10 anos que o anterior goberno incumpríu” afirmou Carrera