O Goberno local continúa apostando polos servizos sociais e traballa na búsqueda de iniciativas que beneficien os nosos vecinos, principalmente a aqueles que están pasando maiores dificultades económicas.
O Concello de Ponteareas presta o servizo de teleasistencia domiciliaria a persoas maiores do municipio, que se encontran en risco psicosocial ou físico. Este programa da cobertura a vecinos con mais de 65 anos que necesitan axuda para manter a súa autonomía e continuar solos nos seus domicilios. Os usuarios son propostos polos servizos sociais do Concello, deben disponer de liña telefónica e aceptar voluntariamente a axuda. Este servizo é gratuito para os usuarios e funciona os 365 días do ano.
Outra das axudas para as persoas maiores é o servizo que se presta no Centro de día, onde se cubre a estancia durante o día de persoas maiores fora dos seus domicilios polo día.
Para poder manter estes dous servizos, Centro de Día e Teleasistencia domiciliaria, o Concello reserva fondos municipais por mais de 120.000 euros o ano.
Outra das liñas de axuda que o Goberno municipal desenvolve é o programa “Xantar na Casa” de atención alimentaria no domicilio, que supuxo durante o ano 2013 o suministro de mais de 3.000 menús. O Concello destinou preto de 6.000 euros durante o ano pasado dos seus fondos municipais a este servizo.
Por outra banda, afirma a Concelleira de servizos sociais, que dirixe Rosa Carrera, no pasado ano destinouse a Axudas de Emerxencia una partida de mais de 10.000 euros que contribuiu económicamente con aqueles vecinos e veciñas de Ponteareas que se encontran nunha situación de extrema dificultade. Estas axudas de emerxencia céntranse en alugueres de vivendas, alimentos, consumo eléctrico, consumo de agua, …, sempre para beneficiarios que viven sen ningún tipo de ingreso.
Na mesma liña trabállase dende os servizos sociais para conseguir alimentos, roupas, xoguetes, etc, que cada semana repártense no Banco de Alimentos municipal, e entre aqueles vecinos que non contan con ingresos suficientes, e que previo análisis da súa situación pasan a ser incluidos na lista de beneficiarios.
Durante este último ano, entre colaboracións de empresas e aportación con fondos municipais, repartíronse mais de 16.600 kilos de alimentos, que beneficiaron a 170 familias este municipio.
Non hai que esquecer tamén a forte aporta que o Goberno local está a facer polo mantemento do servizo municipal de Axuda no Fogar, no que se atenderon durante o ano pasado preto de 70 usuarios os que se lle
dedicaron mais de 6.555 horas de traballo de persoal municipal, e onde o Concello destinou a este servizo 80.000 euros dos seus fondos municipais.
Segundo a Concelleira de Servizos Sociais, Rosa Carrera, estase a traballar mais que nunca en axudar os mais desfavorecidos, porque este Goberno é consciente da situación de extrema dificultade que moitas familias pontareanas están a vivir.
O esforzó que fai o gobernó local está tanto en axudas directas ás persoas mais desfavorecidas, como indirectamente contribuindo no mantemento de beneficios en taxas e impostos municipais, con bonificacións ou reduccións para aquelas familias que non teñen un mínimo de ingresos, como nos servizos prestados en Asprodico, Bombeiros, Conservatorio, Escola de música, Gardería municipal, etc., onde se ten en conta a situación económica da unidade familiar para atallar aquelas situacións mais precarias.