O Goberno local presenta o festival de Jazz de Ponteareas

Q55A9412As agrupacións actuarán o sábado 27 en distintos lugares do núcleo urbano

 “Unha boa oportunidade para disfurtar da tarde-noite do sábado en Ponteareas coa mellor música jazz”, afirma Hortensia Bautista.

Ponteareas volve a contar co Festival de Jazz o vindeiro sábado 27 de agosto, unha iniciativa da asociación de hostaleiros local, que correu coa súa organización nos anos anteriores, e que neste ano 2016 asume integramente o Concello, “Asumimos a organización deste festival co obxectivo de acadar un bo nivel de calidade, dar oportunidade a novos músicos e animar a actividade musical e cultural” manifestou o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas

Para dar continuidade ao Festival de jazz, e evitar  a súa desaparición, o goberno local asume a organización dándolle un xiro concentrando os diferentes  grupos en tres enclaves afastados do tráfico onde prime a audición musical para ofrecer aos ponteareáns, e visitantes  unha tarde-noite onde podan disfrutar de boa música, que tamén resultará positiva para a hostalería.

“Consideramos oportuno asumir o Festival de Jazz porque xa viña sendo nos últimos anos unha cita agardada e un referente na música no mes de agosto, en Ponteareas. Este ano concéntranse as actuacións no sábado pero a intención é ampliala a máis días e a outras zonas do núcleo urbano e con máis actividades”, afirmou Hortensia Bautista.

Detalle das formacións participantes no festival

David Regueiro (trío) 

 

20:00 h. en Ponteareas Cidade

Guitarrista especializado no estilo manouche (jazz creado polos músicos xitanos do norte de Europa e popularizado polo gran Django Reinhardt).

 

F.I.L.O.

21:00 h Ponteareas cidade

Un trío de son poderoso que fan improvisación libre moi cercano ao rock composto por tres do mais recoñecidos músicos galegos neste estilo:

Saúl Puga                contrabaixo,

Pablo Rega              guitarra eléctrica e

L.A.R. Legido           batería e obxectos sonoros

 

Apple Three

 

22:00 h. Xardíns do Concello

Trío formado por: Narci Rodríguez voz,

Marcos Pin guitarra,

Pablo Castaño saxofón.

Os tres son ben coñecidos na escena do jazz galego con diferentes proxectos musicais. Jazz no estilo americano coa voz de protagonista.

SHIVA

23:00 h Praza Maior

  • Lucas M. Suarez de Centi- Vibráfono
  • Miguel Fernández- Batería
  • Pablo Patiño- Contrabaixo

Alberto Vilas Cuarteto e Diana Tarín

24:00 h. Praza Maior

Alberto Vilas é un pianista de formación clásica que virou cara o jazz que compón unha música chea de delicadeza e bo gusto. Un bo fin de festa con Diana Tarín na voz

JAZZ BO