O Goberno inicia as negociacións coa Tesourería da Seguridade Social co fin de adquirir o edificio da súa sede na Praza Maior

O Goberno local de Ponteareas iniciou as conversas coa Tesourería Xeral da Seguridade Social, titular da propiedade, para lograr para o Concello de Ponteareas o edificio sito na Praza Maior xa que neste momento están sen uso neste momento nos andares 2º

 O alcalde Xosé Represas e a tenente alcalde María Jesús Garrote reuníronse co director provincial da Tesourería da Seguridade Social, Ramón Blanco e do secretario provincial do Instituto Nacional Seguridade Social en funcións, Juan Herrera

 

 

Na reunión, o director provincial da Tesourería manifestou a súa disposición de negociar a venda ao Concello das dúas plantas deste edifico desocupadas. Para un futuro, ambas partes valorarían a permuta da parte que ocupan as oficinas do Centro de Atención e Información da Seguridade Social.

q55a1637

O alcalde Xosé Represas explicou que na reunión da Xunta de Goberno Local do vindeiro luns formalizarán a petición do interese do Concello por este edificio para que a propia Tesourería inicie os procedementos administrativos de valoración dos andares non ocupados. Ao mesmo tempo, o Goberno local estudará as distintas posibilidades de contar con espazos no mesmo entorno da Praza Maior no que se poidan instalar as oficinas do Centro de Atención e Información da Seguridade Social –CAISS-. Deste xeito, podería completarse a operación de cesión completa do edificio. Esta última acción o Goberno estima que vai demorar sobre un ano, momento no que o local prevé que o Concello estea en situación de afrontar a compra.

 Tanto o alcalde como a concelleira de Urbanismo valoraron positivamente esta primeira reunión e a boa disposición dos representantes da administración da Seguridade Social. Abre as posibilidades para que o Concello conte con este edificio para situar nel determinados servizos dadas as carencias de locais propios, tanto para a propia administración municipal como para o uso por colectivos sociais da localidade. Esta grave eiva provoca que o Concello non conte cun arquivo municipal, o espazo da biblioteca sexa escaso, careza de salas de estudo, así como resulte pouco operativo, así como servizos municipais estean en locais inadecuados.