O goberno felicita as e ós nadadores do Club Natación Ponteareas

O Alcalde Xosé Represas, a concelleira de Deportes, Nahir Covelo, e o concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, en representación de todo o goberno, recibiron no salón de plenos ao Club Natación Ponteareas para simbolizar o recoñecemento ao esforzo e logros tanto das e dos deportistas do club como da súa directiva.

No salón de plenos representaron ao club as nadadoras Lourdes, Paula, Saladina, Marta, Nuria, Verónica, Marga, María e Ana do equipo feminino máster que revalidaron o seu título de inverno e volveron converterse en Campioas Galegas de Verán na piscina Rosario Dueñas de Ourense.

Tamén estiveron as e os nadadores do equipo participante no último campionato de España de Augas Abertas, Andrea Domínguez, Fran J. Rodríguez, Pablo Cabana (medalla bronce 5km), Marcos Martínez, Javier Alonso e Carla Faro acompañados do seu adestrador Andrés Carrera. Os dous equipos conseguiron a sexta posición nas súas categorías e bronce no no relevo mixto 4x1250m.