O Goberno de Ponteareas inicia as obras de reparación da rede de saneamento en diversas rúas do núcleo urbano

Inviste 53.000 euros na primeira actuación no entorno da rúa da Braña para corrixir os graves problemas na rede de sumidoiros nesta zona

O Concello de Ponteareas ven de adxudicar as obras de reparación da rede de saneamento na rúa da Braña. “Unha actuación prioritaria para solucionar os graves problemas da rede de sumidoiros nesta zona que ten provocado que as augas fecais chegaran a garaxes e mesmo baixos comerciais polos canos rotos co asolagamento de augas fecais baixo a rúa, situación arrastrada durante moitos anos e á que o anterior goberno non dera solución”, manifestou o alcalde e responsábel de Medio Ambiente, Xosé Represas.

P1020782_result

O alcalde enmarcou esta actuación no plan do goberno local de solucionar os graves problemas da rede de saneamento do núcleo urbano e mellorar as rúas e espazos públicos. Anunciou que nos vindeiros días iniciarán os procedementos para contratar as actuacións no entorno do IES Pedra da Auga, rúa Rogelio Groba e Avda. de Galicia, entre outros puntos do núcleo urbano, “coa finalidade de rematar co desastre na rede de saneamento deixada polo goberno do PP”, afirmou Represas.

Nesta primeira actuación, o executivo municipal inviste máis de 53.00P1020789_result0 euros para a reparación do tramo de saneamento existente na rúa de Braña e mais nas rúas de Castiñeiras, do ciclista Delio Rodríguez e no lugar da Moscadeira, preto da avenida Castelao.

Estas obras estarán concluídas antes dun mes. O goberno de BNG, PSOE e ARDT prevé axilizar a execución das demais obras de saneamento, unha vez que as obras acaban de ser aprobadas con cargo ao Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra.