O GBMT Sadeo leva o baile e a música tradicional a Pías ao abeiro do programa Cultura24

O GBMT Sadeo leva o baile e a música tradicional a Pías ao abeiro do programa Cultura24Continúan as citas culturais esta fin de semana co programa Cultura24, posto en marcha pola Concellaría de Cultura co obxectivo de “achegar a actividade cultural ás vinte e catro parroquias que compoñen o concello ponteareán”, como salienta o edil responsable, Fernando Groba.

 

Este domingo 18 de xullo será a quenda do Grupo de Baile e Música Tradicional Galega Sadeo, que estará a partir das 12.00 horas no torreiro de Pías animando co seu folclore e tradición a todo o público asistente.

 

A programación do Cultura24 arrancou este mes de xuño e continuará coas actuacións de balde ata o vindeiro mes de outubro. Como explica o edil Fernando Groba, este programa cultural permite “dinamizar os centros culturais e o tecido creativo de Ponteareas” ao tempo que se oferta á veciñanza unha axenda cultural de lecer diversa.