O escritor Xoán Xosé Perez Labaca participará o vindeiro luns no Club de Lectura da Biblioteca Pública Municipal.

perez-labacaO escritor, Xoán Xosé Péréz Labaca, participará vindeiro luns 10 de marzo , na reunión do Club de Lectura da Biblioteca Pública Municipal. Pérez Labaca, falará da súa novela titulada O túnel do Barroso.  Neste libro se conta a historia de Xosé Labaca, facedor de túneles na Compañía Ferroviaria del Noroeste de Vigo a Ourense e Monforte, intimamente ligada á de Pedro Floriani, enxeñeiro que fixo o viaducto de Redondela,

Club de Lectura

O club de lectura da Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas está formado, na actualidade, por 17 persoas que se reúnen unha vez ao mes para falar sobre un libro, que cada quen lee na súa casa. Logo, na xuntanza mensual, se fala de todo o relativo ao libro elixido, dende a temática do mesmo ao estilo literario, pasando pola acción, personaxes ou calquera aspecto da obra lida.

Nesta “conversa” mensual, as opinións que se intercambian enriquecen a impresión inicial que cada quen, na súa lectura en solitario, saca sobre o libro. E importante subliñar que o Club de Lectura de Ponteareas, non é unha reunión de especialistas en literatura, senón de lectores que incrementan o pracer da lectura compartíndoo cos demais.

O Club de Lectura forma parte das iniciativas que desenvolve a Biblioteca Pública Municipal de cara a fomentar o hábito da lectura entre os adultos -xa que os máis cativos dispoñen de actividades propias como o semanal contacontos- e, ao mesmo tempo, favorecer o préstamo domiciliario de libros, unha das funcións básicas de todo centro bibliotecario público.