O equipo feminino da categoría infantil do Club Natación Ponteareas proclámase campión galego

O CN Ponteareas acodou varios podios e medallas nesta fin de semana

Pablo Cabana, Sofía Carballo e Carla Faro xunto ao adestrador Andrés Carrera están convocados para o Campionato de España Júnior-Infantil representando á selección Galega

Unha vez máis, a concellería de Deportes que dirixe Nahir Covelo en nome de todo o goberno felicita ás e aos nadadores do Club Natación Ponteareas así como ao seu adestrador polos bos resultados acadados.

Nesta ocasión a piscina do complexo deportivo Rías do Sur, en Pontevedra, foi testemuña da calidade dos e das nosas nadadoras que no Campionato Galego de Natación categorías junior e infantil e na Copa Sénior celebrados esta pasada fin de semana conseguiron novamente podios e medallas.

Co obxectivo de mellorar marcas e conseguir entrar os primeiros clasificados o equipo CN Ponteareas viña de participar no Meeting Internacional de Pòvoa do Varzim a modo de posta a punto para competir nesta proba galega.

Os e as nadadoras de Ponteareas cumpriron os obxectivos entrando en numerosos podios e batendo 5 récords do Club en piscina de 50m.

O club remarca o papel do equipo feminino de categoría infantil que gañou o primeiro posto final, sendo campión galego de todos os relevos que desputou durante os tres días (4x100m. Estilos, 4x100m. Libre y 4x200m. Libre).

En xeral a actuación de todos os nadadores e nadadoras foi destacada quedando reflectido nas clasificacións finais:

Equipo relevos infantil / Equipo completo

 

CLASIFICACIÓN INFANTIL:

Feminino 1.ª posición

Masculino 11.ª posición

Conxunta 3.ª posición

CLASIFICACIÓN JÚNIOR:

Feminino 2.ª posición

Masculino 3.ª posición

Conxunta 2.ª posición

Doutra banda, 3 nadadores (Pablo Cabana, Sofía Carballo e Carla Faro) xunto ao noso adestrador, Andrés Carrera, están convocados para o Campionato de España Júnior-Infantil por Comunidades autónomas representando á selección Galega os vindeiros 14, 15 e 16 de febreiro en Las Palmas de Gran Canaria.