O Cultura24 de Ponteareas comeza o ano con risas a esgalla co grupo de teatro Pedra do Cabalo de Celeiros

Será este domingo 5 de febreiro ás 18.30 h no Centro Cultural de Bugarín

Con este programa o Concello busca dinamizar as parroquias con actividades de lecer gratuítas

O Cultura 24 de Ponteareas comeza o ano con risas a esgalla co grupo de teatro Pedra do Cabalo de CeleirosO programa Cultura24 regresa esta fin de semana a Ponteareas coas pilas cargadas e risas a esgalla. A través desta iniciativa, o Concello levará este domingo 5 de febreiro ao Centro Cultural de Bugarín a obra ‘Delicatessen – Menú degustación’, un novo enredo cómico co que o grupo de teatro Pedra do Cabalo, de Celeiros se subirá ao escenario para facer fozar ao público dunha tarde de lecer e diversión para todas as idades.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, convida a todas e todos os ponteareáns “a achegarse ata Bugarín para vivir unha nova tarde de lecer ao abeiro do programa de actividades do Cultura 24, unha iniciativa coa que buscamos ofrecer á veciñanza concertos, teatro…, en definitiva, un amplo abano de actuacións gratuítas coas que ao mesmo tempo dinamizamos as nosas 24 parroquias, lle damos visibilidade ás nosas agrupacións musicais, teatrais e culturais e promocionamos todo tipo de arte”.

A actuación será ás 18.30 horas totalmente de balde.