O Corpus de Ponteareas medra en visitantes e colaboradores

O Concello de Ponteareas porá esta noite o broche final ás súas festas do Corpus Christi coa tirada de fogos de lucería ás 23:30 horas e a actuacón da Orquestra Olympus encargada da fin de festa.
A Concellería de Cultura e Turismo destaca a alta participación e a ampla repercusión mediática, un feito que ven reforzar todas as características e peculiaridades que xa reunía o Corpus e a súas alfombras florais de cara ao seu recoñecemento como BIC (Ben de Interese Cultural).
Nestas festas do Corpus Christi estiveron presentes os alfombristas da localidade canaria da Orotova e tamén os artesás alfombristas da vila veciña de Monçao pero este ano o Corpus seguíu a medrar e acolleu durante catro días a visita de seis alfombristas desprazados dende a localidade italiana de Gerano, concello da área metropolitana de Roma que leva 288 anos realizando alfombras de flores nas súas rúas.


“O aumento de visitantes chegados dende toda Galica, dende Madrid, outras comunidades do Estado español e dende o estranxeiro unido á participación dos alfombristas italianos e portugueses supón unha nova confirmación da interancionalización do Corpus de Ponteareas”, explica a concelleira de Cultura e Turismo, Hortensia Bautista.
Ademais, o Corpus do 2017 deixa unha porta aberta á futuras colaboracións coas localidades alfombristas centenarias, un obxectivo no que centrará os seus esforzos o concello de Ponteareas.
A recuperación do desfile das carrozas etnográficas feitas polos veciños foi unha das novidades da programación deste ano e todo un éxito grazas á colaboración e esforzo das comparsas participantes que se esmeraon engalanando tractores e plataformas para convertilas nunha recreación da primavera, nos tradicionais maios e mesmo foron capaces de traer ao presente as despedidas dos emigrantes que marchaban para América e Francia cun autobús cargado de maletas e fardos.