A concellería de Educación, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, informa que ata o vindeiro 10 de xuño estará aberto o prazo de matrícula para o grao Profesional do conservatorio municipal de música de Ponteareas. Ademais do 16 ao 30 de xuño estará aberto o prazo de matrícula para o primeiro curso do grao elemental.
Para obter máis información deberán remitirse á páxina web do Conservatorio Municipal de Música de Ponteareas http://conservatorio.ponteareas.gal/