O Conservatorio Municipal de Música festexa o seu fin de curso cun concerto ao aire libre para todos os públicos

O Conservatorio Municipal de Música festexa o seu fin de curso cun concerto ao aire libre para todos os públicosO Conservatorio Municipal de Música de Ponteareas prepara xa o seu fin de curso. Ante a situación sanitaria que se está a vivir, nesta ocasión o Conservatorio cambiará a súa tradicional actuación no auditorio municipal por un concerto para todos os públicos ao aire libre. A orquestra e o coro do grao profesional e do grao elemental serán os catro protagonistas da xornada.

 

O concerto será este xoves 3 ás 19.00 horas na Praza Doutor Fernández Vega, onde se habilitará un espazo con aforo controlado coas correspondentes medidas de prevención para que toda a veciñanza goce do espectáculo de xeito seguro.