O Concello xa analizou a contestación motivada do 52% do total das alegacións presentadas o PXOM

concelloA semana pasada o equipo redactor do PXOM de Ponteareas presentou no Concello o informe das alegacións que xa teñen contestadas de forma motivada e que son 1.455, polo tanto, tendo en conta que se recibiron 2.794 alegacións, estas 1.455 correspóndense co 52% do total das presentadas.

De todas estas alegacións contestadas polos técnicos do PXOM, fíxose unha primeira análise por parte da Mesa de traballo formada por integrantes de todos os grupos políticos desta Corporación municipal.

En dito documento analízanse aquelas alegacións que supoñen unha maior problemática social, e así, inclúese a resposta para 1.142 alegacións de “edificios fora de ordenación”, 64 alegacións relativas a “depuradora de Moreira”, 27 relacionadas coa “depuradora da Moscadeira”, 209 alegacións relativas o “Polígono da Lomba” e finalmente 13 alegacións relativas o “entorno de Granitos ibéricos”.

No que respecta as alegacións de “edificios fora de ordenación” a solución que se plantexa é recoller todas as edificacións existentes con anterioridade á entrada en vigor do PXOM que teñan licencia municipal, independentemente das alturas. Desta maneira quedaría resolto unha das maiores problemáticas surxidas neste municipio co Plan Xeral.

Outra das alegacións presentadas con maior volumen é a relativa o “ámbito da Lomba”, para a cal o equipo técnico plantexa a súa delimitación como solo urbanizable industrial, só para industria escaparate e a de transformación de productos agrícolas, gandeiros ou forestais, empresas de servizos, etc, en resume empresas sen problemática de contaminación ambiental, de tal xeito que se garantice a compatibilidade co solo urbano residencial da Freixa, aumentándose a protección dos espacios naturais ao longo do río e multiplicándose por 10 a superficie protexida, tanto natural, como forestal, arqueolóxica, etc, na ribeira do río Tea.

Con respecto as alegacións feitas dentro do grupo da “depuradora de Moreira”, a contestación motivada de todas estas faise estimando a alegación tipo, e plantexando a reubicación da EDAR noutro emprazamento, mais alonxado da zona residencial.

No que se refire a “depuradora da Moscadeira” , as 27 alegacións presentadas estímanse parcialmente, e así proponse a eliminación da depuradora do lugar no que está. No que respecta o vial que se plantexa entre Av Castelao e o Río Tea este debe manterse xunto coa execución dunha nova ponte, xa que se trata dun vial necesario que conecta a cidade coa zoa de crecemento urbano de carácter empresarial e dotacional que se plantexa na zona da Lomba.

E xa finalmente, a contestación para as 13 alegacións plantexadas relativas os terreos de “Granitos Ibéricos”, é a súa desestimación, porque se trata de terreos nos que son necesarios procesos de urbanización e obtención de dotacións urbanísticas con distribución equitativa de beneficios e cargas, e porque se trata de parcelas con edificacións afectadas por alineacións consolidadas á estrada nacional, e obrigadas a un retranqueo de edificación bastante maior que o que éstas disponen na actualidade.