O Concello sortea dous pianos verticais

O Concello informa que se sortearán dous pianos verticais do Conservatorio Municipal, un marca HUPFELD e outro marca HOHNER que xa non son recomendados para un uso didáctico nun centro educativo. Para isto, abre o prazo para inscribirse no sorteo que terá lugar o vindeiro 21 de outubro ás 11 horas no salón de plenos da casa do concello.

As persoas interesadas deberán presentar solicitude no rexistro municipal de 9:00 a 14:00 horas, durante un prazo de 15 días hábiles dende o día seguinte a publicación das bases. Deste xeito o prazo de presentación remata o 15 de outubro.

As bases e os anexos que deberán presentarse no rexistro debidamente cumprimentados poden descargarse no taboleiro de anuncios da páxina web do Concello ou directamente nesta ligazón https://ponteareas.sedelectronica.gal/board/