O Concello remata a apertura da conexión entre a estrada que sube á Picaraña e a de subida á igrexa de Arcos

apertura de novo vial en ArcosA Concellería de Vías e Obras do Concello de Ponteareas, despois de mellorar os accesos de entrada da estrada N-120 ata o Centro Cultural de Arcos,  procedeu á apertura dun novo vial de unión entre a subida do cemiterio e igrexa de Arcos coa estrada de subida á Picaraña.

Previamente, acometéronse traballos de construción dun muro de contención de mampostería e preparación do terreo, nivelándoo e acondicionándoo, con achega de pedra para o posterior asfaltado.

Este novo vial posibilitará o acceso directo á 1ª. planta do Centro Cultural de Arcos, así como permitirá aos vehículos acceder dun lado a outro do recinto sen ter que desprazarse ata a estrada N-120, o que significará unha grande comodidade para os veciños que se achegan ata o centro cultural.

A través destas obras continúase, segundo o Goberno local, coa mellora das vías de circulación municipal, tanto do casco urbano como do rural, buscando as mellores condicións para a circulación viaria así, como neste caso, facilitar o acceso aos centros de reunión dos veciños.