O Concello reduce un 69% o consumo enerxético co cambio de luminarias en nove novas parroquias

O Concello reduce un 69% o consumo enerxético co cambio de luminarias en nove novas parroquias

Os traballos, promovidos pola concellaría de Vías, Obras e Alumeado, foron cofinanciados ao 80% polo IDAE, beneficiaron ás e aos 3.651 habitantes de San Mateo, Fontenla, Celeiros, Guillade, Arcos, Canedo, Bugarín, Pías e Prado

O Goberno municipal do BNG-PSOE continúa traballando para renovar as instalacións do alumeado público exterior municipal, apostando así pola eficiencia enerxética e mellorando a seguridade viaria nas parroquias. O Concello xa rematou a renovación total de 59 centros de mando e 2.760 puntos de luz nas parroquias de San Mateo, Fontenla, Celeiros, Guillade, Arcos, Canedo, Bugarín, Pías e Prado, unhas luminarias coas que se obtén unha media de 4.212 horas de luz ao ano e das que case o 77% presentaba un estado moi deficiente debido ao alto grao de deterioro, á suciedade e á súa antigüidade.

A concelleira de Vías, Obras e Alumeado, Chus Garrote, salienta que este proxecto de renovación das luminarias recentemente rematado “amosa non só a nosa aposta continua polo rural do Goberno local do BNG-PSOE, tamén no eido do alumeado, xa que cando iniciamos o proxecto de remodelación das luminarias públicas consideramos prioritario comezar polas parroquias”.

A renovación do alumeado nestas nove parroquias beneficia ás e aos seus 3.651 habitantes, mellorando o aforro enerxético e a seguridade cidadá en todas elas. O proxecto foi cofinanciado ao 80% por fondos do Instituto de Diversificación y Ahorro Energético (IDAE) do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico.

As novas luminarias permiten unha redución importante da luz esparexida á atmosfera, o que implica unha diminución da contaminación lumínica e un maior confort e a saúde das persoas. O proxecto de renovación das instalacións de alumeado exterior municipal na Zona Rural 2 supuxo un investimento de máis de 1,3 millóns de euros cofinanciados ao abeiro da liña de axudas a proxectos de Economía Baixa en Carbono, promovidos por entidades locais, cofinanciada con fondos FEDER e xestionada polo IDAE co obxectivo de conseguir unha economía máis limpa e sostible.

A renovación nestas nove parroquias ponteareás, como explica a alcaldesa, Cristina Fernández, “permitirá un aforro do 69% na emisión de CO2 e un aforro económico do 67% ao Concello no investimento en enerxía, ademais de mellorar a seguridade cidadá para circular polas rúas en horas nas que xa non hai luz natural”.

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é logos-idae.jpg